Seguíunas coma manda o manual dos espias caseiros, a bastante distancia e sen deixarse ver.
Facía as típicas cousas que fan os tolos para que non o descubriran e pensaran que era un tolo. ¡Era xa o que lle faltaba! Se o descubrían e Antón se enterara podía escachar ca risa unha semana enteira.Pero quería saber mais da rapaza, que estudaba, onde vivía, se tiñan algún coñecido común...
Estaba convencido de que ela estaba interesada algo en el, ainda que só fora un chisquiño, e unha oportunidade así, cunha rapaza coma aquela non a podía desbotar sen darlle alomenos unha oportunidade. Non sabía se era o autentico amor ou a fame que traía pero sentía algo especial. E non era esa sensación no estómago, iso era a fame da outra que xa lle tocaba comer, pero ademais da fame tiña unha estraña sensación, pero tanto podía ser eso que din nas peliculas das bolboretas coma as gañas que tiña de foder nela até borrarlle o número de serie do chasis.
O seguemento deu os os seus froitos, porque descubríu onde vivía, nunha desas residencias que teñen as monxas. Nunca diría tal dela, o último que agradaba é que vivira nun deses cárceres represores.
E ademais coñecía unha das rapazas cas que falou ela polo camiño, era unha rapaza que estudaba Historia e que lle presentara un amigo no tren. Xa estaba. Faría por buscar á rapaza o xoves e que lles presentara.
Nin Antón o faría mellor. O primeiro paso estaba perto.
Sem comentários:
Enviar um comentário